Vai cambiar o tempo, que se oe moi ben a campá da Choza


"Vai cambiar o tempo, que se oe moi ben a campá da Choza"-comentou a Señora Rosa esculcando o ceo.

Na vida labrega o son das campás das parroquias da contorna constituía un medio de predicir o tempo para os días vindeiros. A maior nitidez con que se oía unha campá determinada indicaba ó labrego a dirección de onde tiraba o aire e, con iso, as posibilidades de que fosen ventos secos ou húmidos.

Neste caso, na parroquia da Laxe (Moraña) era sinal de chuvia oír a campá da Choza, por tirar o aire do Sudoeste, vento mareiro e cargado de humidade.

Pola contra, oír moi claras as campás de Cuntis era agoiro de tempo enxoito, pois o aire tiraba do norte, que aquí adoita ser moi seco.

Nas fotos: campanario de Augasantas (Rois).

GARCÍA GIMÉNEZ, Alfredo

Campás e reloxos monumentais de Galicia / Facebook (04-08-2020)

  • Igrexa de San Martiño de Laxe - MORAÑA: Campás, campaneiros e toques
  • Igrexa de San Vicenzo de Augasantas - ROIS: Campás, campaneiros e toques
  • CUNTIS: Campás, campaneiros e toques
  • MORAÑA: Campás, campaneiros e toques
  • ROIS: Campás, campaneiros e toques
  • Literatura oral sobre campás: Bibliografía
  • Paisaxes sonoras: Bibliografía

     

  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campás e reloxos monumentais de Galicia / Facebook (2020)
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 25-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 113 Visitants: 113 Usuaris: 0