L. P. - As campás dos templos diocesanos tocarán hoxe pola visita de BIEITO XVI

As campás dos templos diocesanos tocarán hoxe pola visita de BIEITO XVI

As campás das igrexas da diocese de Mondoñedo-Ferrol, do mesmo xeito que todos os demais templos en Galicia, tocarán hoxe á vez con motivo da visita do Papa BIEITO XVI a Santiago de Compostela.

As campás tañirán dúas veces nesta xornada, se seguen as indiciones do arcebispado de Santiago. A primeira vez cando chegue o Papa ao aeroporto de Lavacolla, que se prevé sexa ao redor das 11.30 horas desta mañá.

Logo, xa pola tarde, as campás de todas as igrexas volverán tocar cando comece a celebración eucarística oficiada por BIEITO XVI na Praza do Obradoiro, ao redor das 16.30 horas.

O arcebispado tamén deu indicacións para que se realicen colectas o próximo fin de semana nas igrexas con motivo dos gastos da viaxe.

Vinte voluntarios

Vinte voluntarios da comarca da Mariña participan na xornada de hoxe en tarefas de organización e auxilio en Santiago de Compostela con motivo precisamente da viaxe do Papa á cidade.

En total na organización deste evento están a participar ao redor de dez mil persoas de toda a comunidade.

L. P.

La Voz de Galicia (06-11-2010)

  • SANTIAGO DE COMPOSTELA: Campás, campaneiros e toques
  • Toques manuais de campás: Bibliografía