Rouban as campás de bronce dunha igrexa de Abadín (Lugo)

O párroco da Igrexa de Goás, no Concello de Abadín (Lugo), denunciou esta fin de semana, ante a Garda Civil, o roubo das campás do templo, segundo informaron fontes da investigación.

No atestado consta que se descoñece cando foron subtraídas as campás, aínda que o pasado día seis, despois da celebración da eucaristía, si se atopaban no campanario da igrexa.

Trátase de campás de bronce, con bigornias de madeira de carballo e o seu valor calcúlase nuns 4.000 euros. A Garda Civil investiga o feito e confía en localizar aos autores deste roubo.

Outro roubo

Por outra parte, unha retroescavadora, dous cazos de retroescavadora e un martelo hidráulico foi o botín do roubo no apeadeiro da estación de tren de Cervo. O valor dos efectos subtraídos elévase a 136.000 euros, segundo informaron fontes policiais.

A denuncia presentouse en Culleredo (A Coruña) o pasado día 12 e sitúase a data do roubo entre o tres e o dez de marzo. O valor da retroescavadora ascende a 100.000 euros, o de cada un dos cazos a 3.000 e o martelo a 30.000.

EUROPA PRESS

Noticias Yahoo (14-03-2011)

  • Parroquia San Pedro de Goás (Gaute) - ABADÍN: Campás, campaneiros e toques
  • ABADÍN: Campás, campaneiros e toques
  • Destrución de campanarios e de campás: Bibliografía

     

  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Noticias Yahoo (2011)
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 28-03-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 80 Visitants: 80 Usuaris: 0