Colocarán hoxe a segunda campá da igrexa de Abades tras o seu roubo en xullo

A igrexa parroquial de Abades volverá lucir desde hoxe a segunda das campás tras ser roubadas en xullo do 2010. En novembro pasado, xa se recolocou a máis pequena delas, de 70 quilos de peso e que databa de 1906, tras ser recuperada pola Garda Civil. Con todo, a grande non foi atopada. Por iso, por iniciativa veciñal, decidiuse adquirir unha nova para substituíla.

Trátase, segundo explican, dunha campá de 115 quilos e cun diámetro de 60 centímetros, que será situada no seu lugar a partir das 13.00 horas nun acto festivo. No programa inclúese unha intervención de Valentín García, sobre a historia de Abades, proxeccións de vídeos sobre a localidade, así como a intervención de José Espiño e Antonio Rodríguez, promotores da recuperación das campás. Para rematar, pechará as intervencións, a cargo da alcaldesa, Ofelia Rei. Posteriormente, o párroco Manuel Villar, bendirá a campá previamente á súa colocación. O acto concluirá cunha comida veciñal con polbo e empanada, ademais de sesión de lumes e música tradicional. No acto entregarán unha colección de contos e lendas de José Espiño Matos.

Segundo explican desde o Concello, foron os fregueses os que iniciaron unha campaña para recadar fondos de cara a situar a segunda campá na igrexa parroquial. Ademais, a administración local indicou que colaborou coa iniciativa que terá lugar hoxe, con financiamento e o material preciso.

A VOZ

A Voz (30-04-2011)

  • Capela de Santa María de Abades - SILLEDA: Campás, campaneiros e toques
  • SILLEDA: Campás, campaneiros e toques
  • Restauración de campás: Bibliografía

     

  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © A Voz (2011)
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 19-03-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 50 Visitants: 50 Usuaris: 0