ABRIL, Pedro - «A arte de tocar as campás non se pode perder»

«A arte de tocar as campás non se pode perder»

Julio López impartirá un curso para evitar que desapareza unha tradición que se ha ir esquecendo co paso dos anos

Julio ante unha das súas paixóns: as campás.. - Autor: ABRIL, Pedro
Julio ante unha das súas paixóns: as campás.. - Autor: ABRIL, Pedro

Julio López Allegue, un veciño de 73 anos da parroquia de Sillobre, mantén a importancia de certas tradicións. Está particularmente interesado nunha bastante antiga: os toques de campá. Para Julio , trátase de algo que formou parte da súa mocidade e que, recorda, sempre estivo presente na vida da xente do campo. Está aberto a ensinar a quen queira aprender.

-¿Como empezou a interesarse polo labor de campanero?

-Cando eu era pequeno, alá polos anos cincuenta, era monaguillo aquí en Sillobre. Ao principio gustábame escoitar aos rapaces maiores, que sabían tocar as campás. O tañido é un son moi agradable, que nunca desentona nin molesta. Ademais, cando empecei a dedicarme a dar os toques de campá, podía evitar facer cousas como ir co meu irmán a buscar a herba para as vacas (risos).

-¿Durante canto tempo estivo dedicado a este labor?

-Pois durante os meus anos de mocidade, ata o meu último ano na Marina , a bordo do cruceiro Almirante Cervera. Os labores adicionais permitían maior liberdade de horario ao librar gardas, e algo máis de diñeiro, así que me dediquei, ademais da ser monaguillo a bordo do buque, a dar clase aos mariñeiros analfabetos e a levar a biblioteca de a bordo. Agora toco de cando en vez alí onde mo piden.

-¿Cal é a auténtica utilidade dos toques de campá?

-Antes, a xente traballaba moito tempo no campo, non había os avances que hai agora, e ademais non todos podían permitirse un reloxo de pulseira. As campás avisaban de todo. Dependendo dos toques, podías saber si morrera un home ou unha muller, e incluso si había algún incendio. Nos anos sesenta había incendios por todas partes, e o meu labor era tocar a rebato para avisar diso. Logo chegou o sistema electrónico, pero isto pode chegar a ser moi molesto, porque tocan acotío. Antes tocabamos cando era necesario.

-¿Cal é entón a iniciativa que vai pór en marcha?

-A miña intención, polo menos por agora, é dedicar unha hora do 5 de setembro, ás doce da mañá, a ensinar á xente como funcionan as campás, porque tampouco sabemos cantos virán. O meu sobriño, Bruno Aneiros, axudarame co tema, porque ambos creemos que é unha mágoa que se perda algo tan bonito, e sinxelo, como os toques de campá, e ademais esta idea axudará a dar a coñecer un monumento tan fascinante como a igrexa de Santa Mariña de Sillobre. A arte de tocar as campás non se pode perder.

ABRIL, Pedro

La Voz de Galicia (16-07-2015)

  • Igrexa de Santa Mariña de Sillobre - FENE: Campanas, campaneros y toques
  • FENE: Campanas, campaneros y toques
  • LÓPEZ ALLEGUE, JULIO (SILLOBRE) (FENE) : Toques y otras actividades
  • Cursos de introducción a las campanas: Bibliografía

     

  • Volver a la página anterior
  • Menu inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © La Voz de Galicia (2015)
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 20-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 79 Visitants: 79 Usuaris: 0