¡A túa parroquia pódete necesitar en calquera momento! Xa non queda xente que saiba tocar as campás. Pero non te preocupes: podemos solucionalo. Aprende neste curso a partir das mostras sonoras recollidas polo Arquivo Sonoro de Galicia na parroquia de Ouzande (A Estrada). O intérprete é o último campaneiro da comunidade: Alfonso Cheda. Grazas á Asociación Cultural "A fervenza de Ouzande" polo apoio prestado. Gráfico: Manuel Gago
Sinal de morto
Dá sinais de morto
Oito ou dez badaladas espaciadas na grande que rematan cunha na pequena. A seguinte na grande dáse inmediatamente.
O enterro
Lentamente:1) Dúas na grande e unha na pequena. Unhas 6-8 veces.2) Dúas na pequena e unha na grande
Chamar á misa
Tócase a grande de máis a menos forza e cada vez máis rápido. Logo faise o mesmo coa pequena. E logo tócane as dúas campás sucesivamente á maior velocidade posible.
Chamar á festa
Repenícase o tempo preciso. Os máis virtuosos atrévense con ritmos musicais diversos.
¡¡Incendio!!
Temos lume nos montes comunais! Avisa aos teus veciños. Tes que tocar a un bo ritmo as dúas campás ao mesmo tempo.
![]() |
||
© Cultura Galega (2005) © Campaners de la Catedral de València (2023) campaners@hotmail.com Actualización: 20-03-2023 |