Localización Espadana
Diámetro (en cm) 52
Altura do bronce 50
Peso aproximado (en quilogramos) 81
Fundidor ANÓNIMO (GALICIA)
Ano de fundición 1740
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1740 por autor anónimo. O díxito 7 está o revés.
Hombreiro (H) 2 cordóns.
Terzo (T) 3 cordóns /
IHS MARIA IOSEPHS ANTEANDREᴬ ORAPRONOBIS /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. A dereita do pedesta´a palabra ANNO e á esquerda 1740. Os brazos teñen remates en tres illas romboideas. Dous cordóns cinguen pola metade superior da stipes.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Pé 1 cordón.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 30-08-2026
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Fecha actualización 30-08-2026