Campá maior (2) - Igrexa de Santo André da Pereira SANTA COMBA (GALICIA)

Campá maior (2) - Igrexa de Santo André da Pereira - SANTA COMBA (GALICIA)

(Referencia 19449)
LocalizaciónTorre-campanario
Diámetro (en cm)67
Altura do bronce52,5
Peso aproximado (en quilogramos)174
FundidorOCAMPO (ARCOS DA CONDESA)
Ano de fundición1955
DescricionCampá maior pendurada do oco frontal da torre-campanario. Fundida en 1955 polos Ocampo de Arcos da Condesa (Caldas de Reis, Pontevedra).
Terzo (T)Greca /
1 cordón /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1955 /
2 cordón.
Medio (M)Presenta unha cruz cun pedestal de 3 chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de 4 estrelas. Os brazos teñen remates flamexados. Un cordón ancho cingue pola metade da stipes.
Medio pé (MP)3 cordóns.
CepoXugo de madeira.
Mecanismos de toqueBadalo cunha corda.
ValoraciónCampá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
InstalaciónA instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (03-02-2021)
Editor da fichaTROIANO CARRIL, Xosé
Actualización19-04-2023
4 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)