Menor. - Convento da Inmaculada Concepción MONDOÑEDO (GALICIA)

Menor. - Convento da Inmaculada Concepción - MONDOÑEDO (GALICIA)

(Referencia 20005)
LocalizaciónTorre-campanario
Diámetro (en cm)48
Altura do bronce40
Peso aproximado (en quilogramos)64
FundidorVEGA
DescricionCampá menor pendurada do oco frontal da torre-campanario. Sen data, fundida polo mestre fundidor VEGA. Coidamos que este Vega non ten que ver coas campás fundidas en Ourense ou en Tui, dado que a decoración e feituras son distintas.
Terzo (T)3 cordóns.
Medio (M)Presenta unha cruz con pedestal de tres chanzos feitos a base de selos con decoración vexetal (Pétalos). Dous cirios vexetais flanquean o pedestal. Os brazos teñen remates a modo de potenzada. Tres cravos saen da cruz; un dende a base da stipes e dous nos estremos do patibulum. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes. Pola parte oposta inferior, o nome do fundidor escrito en sentido vertical: VEGA.
Medio pé (MP)2 cordóns /
(J) HS MARIA /
2 cordóns.
CepoXugo de madeira.
Mecanismos de toqueCombinación de badalo cunha corda e electro-mazo exterior.
ValoraciónDebe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.
InstalaciónA instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridad e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais con o mazo exterior.
Editor da fichaTROIANO CARRIL, Xosé
Actualización21-11-2022
6 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)