
Localización Espadana
Diámetro (en cm) 49
Altura do bronce 48
Peso aproximado (en quilogramos) 68
Fundidor DE ZUVIETA, ANTONIO
Ano de fundición 1719
Descricion Campá menor pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1719 posiblemente por Antonio de Zuvieta.
Terzo (T) 2 cordóns /
IHS ✱ MARIA ✱ IJOSEPH ✱ AИO 1719 ✱ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates en tres illas romboideas. Tres cravos rectos sáenlle da cruz significando que Cristo está Crucificado.
No lado oposto presenta unha forma de cruz feito a base de selos romboideos con decoración interior dunha estrela de oito puntas.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Pé 1 cordón fino /
✱zubieta me fezit✱
2 cordóns finos.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.
Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 14-08-2026