REGINA SACRATISSIMI ROSARII - Igrexa de San Vicenzo de Augasantas ROIS (GALICIA)

REGINA SACRATISSIMI ROSARII - Igrexa de San Vicenzo de Augasantas - ROIS (GALICIA)

(Referencia 20590)

Localización Torre-campanario

Diámetro (en cm) 86

Altura do bronce 70

Peso aproximado (en quilogramos) 368

Fundidor LISTE PEREIRAS, JUAN (PARROQUIA DE ORAZO)

Ano de fundición 1894

Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da torre-campanario. Fundida en 1894 por Juan Liste en Orazo (A Estrada, Pontevedra).

Terzo (T) 2 cordóns /
REGINA SACRATISSIMi ROSARII ORA PRO NOBIS ѧ ANNO DE 1894 ѧ /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de 5 chanzos feitos a base de selo cadrados con decoración vexetal interior. Os brazos teñen remates a modo de potenzada. Tres cordóns finos cinguen pola metade da stipes.

Medio pé (MP) 2 cordóns /
ѧ SIENDO CURA Dᴻ CANDIDO BAAMEIRO ѧ FUNDIDA POR J. LISTE EN ORAZO ѧ /
2 cordóns.

3 cordóns finos.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Badalo cunha corda.

Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 29-03-2023


6 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Editor TROIANO CARRIL, Xosé

    Fecha actualización 29-03-2023


    6 fotos

  • Ficha reducida (PDF)