| Localización |
Espadana |
|---|
| Fundidor | LISTE PEREIRAS, JUAN (PARROQUIA DE ORAZO) |
|---|
| Ano de fundición |
1871 |
|---|
| Descricion |
Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1871 por Juan Liste en Orazo (A Estrada, Pontevedra). |
|---|
| Terzo (T) |
2 cordóns /
IHS Mᴬ Y JOSE AͶO D 1871 ѧ /
2 cordóns. |
|---|
| Medio (M) |
Presenta unha cruz cun pedestal de 3 chanzos feita a base de selos cadrados con decoración interior de pétalos. Os brazos teñen remates a modo lanceolada. Un cordón cingue pola metade da stipes. |
|---|
| Medio pé (MP) |
2 cordóns /
ѧ LISTE EͶ ORAZO ѧ /
2 cordóns. |
|---|
| Cepo |
Xugo de madeira. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Badalo cunha cadea. |
|---|
| Valoración |
Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais. |
|---|
Autors da documentación- TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (11-04-2023)
|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
12-04-2023 |
|---|
| 5 Fotos |
|---|