| Localización |
Torre-campanario |
|---|
| Fundidor | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) |
|---|
| Ano de fundición |
1931 |
|---|
| Descricion |
Campá maior pendurada do oco frontal da torre-campanario. Fundida en 1931 polos Ocampo en Arcos da Condesa (Caldas de Reis, Pontevedra). |
|---|
| Terzo (T) |
Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1931 /
2 cordóns. |
|---|
| Medio (M) |
Presenta unha cruz cun pedestal de 5 chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de 4 estrelas. Os brazos teñen remates flamexados. Un cordón cingue pola metade da stipes.
No lado oposto unha inscrición: "A LA VIRGEN DE LOS .... / DONATIVO DE D. S... / GARRIDO SIENDO PARROCO / CARBALLAL GIESTA". |
|---|
| Medio pé (MP) |
4 cordóns |
|---|
| Pé |
Presenta sinete rectangular coa inscrición: FABRICADO POR OCAMPO / EN ARCOS DA CONDESA, |
|---|
| Cepo |
Xugo de madeira en mal estado. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Combinación de badalo e electro-mazo interior. |
|---|
| Valoración |
Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais. |
|---|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
04-05-2023 |
|---|
| 4 Fotos |
|---|