Única. - Igrexa de San Pedro de Anafreita FRIOL (GALICIA)

Única. - Igrexa de San Pedro de Anafreita - FRIOL (GALICIA)

(Referencia 20888)

Localización Espadana

Diámetro (en cm) 50

Peso aproximado (en quilogramos) 72

Fundidor BLANCO CHARLO, FRANCISCO ANTONIO (1804-1878)

Ano de fundición 1864

Descricion Campá única pendurada da espadana da igrexa parroquial. Fundida en 1864 por Francisco Blanco Charlo en Mondoñedo. Ten unha medida estimada duns 50 cm de diámetro.

Terzo (T) 2 cordóns /
IHS MARIA Y JOSE AͶO DE 1864ѧ /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal feito pola imaxe de Santa Bárbara e polo sinete do mestre fundidor: MONDOÑEDO / BLANCO PA / LACIO ME HIZO. O conxunto do pedestal vai cinguido por unha greca triangular.
Os brazos teñen remates a modo de potenzada. A decoración é vexetal (Pétalos). Dous cordóns cinguen á altura superior da imaxe de Santa Bárbara.

Medio pé (MP) 3 cordóns.

1 cordón.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.

Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 16-05-2023


8 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Editor TROIANO CARRIL, Xosé

    Fecha actualización 16-05-2023


    8 fotos

  • Ficha reducida (PDF)