
Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 72
Peso aproximado (en quilogramos) 216
Fundidor BLANCO LÓPEZ, JOSÉ ANTONIO (MONDOÑEDO)
Ano de fundición 1905
Descricion Campá mediana pendurada do oco esquerdo da torre-campanario. Fundida en 1905 polo derradeiro fundidor mindoniense José Antonio Blanco López.
Terzo (T) 2 cordóns /
JEჇUS MA Y JOSE ѧ ANO ѧ DE ѧ 1905 ѧ ѧ ѧ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal formado a base dunha figura de Santa Bárbara e o sinete coa inscrición "ME HIZO JOSE / ANTº BLANCO LOPEZ / EL MINDONIENSE". Os brazos da cruz teñen remates a modo de potenzada. Ten unha decoración vexetal (pétalos). Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Pé 1 cordón.
Cepo Xugo de madeira.
Estado actual Malo
Mecanismos de toque Badalo sen ningunha corda
Actuacións urxentes Deberíase actuar pois está caendo aos poucos.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 30-10-2023
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Fecha actualización 30-10-2023