| Localización |
Campanil de forxa |
|---|
| Diámetro (en cm) |
40 |
|---|
| Peso aproximado (en quilogramos) |
37 |
|---|
| Fundidor | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) |
|---|
| Ano de fundición |
1930 |
|---|
| Descricion |
Campá menor pendurada dun campanil de forxa pegado á esquerda da espadana. Fundida en 1930 polos Ocampo en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 40 cm de diámetro. |
|---|
| Terzo (T) |
Greca /
1 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1930 /
1 cordón. |
|---|
| Medio (M) |
Presenta unha cruz cun pedestal de 4 chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior dunha estrela. Os brazos teñen remates flamexados. Un cordón ancho cingue pola metade da stipes. |
|---|
| Medio pé (MP) |
3 cordóns. |
|---|
| Pé |
Presenta sinete rectangular coa inscrición: "FABRICADA POR OCAMPO / EN ARCOS DE LA CONDESA". |
|---|
| Cepo |
Xugo de madeira. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Badalo cunha cadea. |
|---|
| Valoración |
Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais. |
|---|
Autors da documentación- TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (25-06-2023)
|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
25-06-2023 |
|---|
| 5 Fotos |
|---|