Mediana (II) - Igrexa de San Breixo de Foxás - TOURO (GALICIA)

(Referencia 21764)

Localización Torre-campanario
FundidorCAGIGAL HONTAÑÓN, ANTONIO
Ano de fundición 1832
Descricion Campá mediana (II) pendurada do oco traseiro da torre-campanario. Fundida en 1832 por Antonio Cagigal en Santiago de Compostela.
Terzo (T) 2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE …. HIZO ANO D 1832 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de 7 chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior xeométrica. Os brazos teñen remates a modo de potenzada e flamexada. Dous cordóns finos cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo.
Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 27-09-2023
3 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)