Menor. - Igrexa de San Bartolomeu de Ínsua VILALBA (GALICIA)

Menor. - Igrexa de San Bartolomeu de Ínsua - VILALBA (GALICIA)

(Referencia 22357)

Localización Espadana

Diámetro (en cm) 50

Peso aproximado (en quilogramos) 72

Fundidor DE LA SOTA LÓPEZ, JUAN MARÍA

Ano de fundición 1912

Descricion Campá maior pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1912 por Juan María de la Sota en Lugo. Ten unha medida estimada duns 50 cm de diámetro.

Terzo (T) 2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1912 ❖ /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de 4 chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de 4 estrelas de oito puntas. Aos lados dúas figuras, unha Custodia á dereita e Santa Bárbara á esquerda. Os brazos teñen remates flamexados. Tres cordóns finos cinguen pola metade da stipes. Pegado o cordón inferior do terzo unha greca triangular con decoración vexetal.

Medio pé (MP) 3 cordóns.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Badalo cunha corda

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 16-11-2023


2 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Editor TROIANO CARRIL, Xosé

    Fecha actualización 16-11-2023


    2 fotos

  • Ficha reducida (PDF)