
Localización Espadana
Diámetro (en cm) 55
Peso aproximado (en quilogramos) 96
Fundidor OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)
Ano de fundición 1929
Descricion Campá maior pendurada da espadana da ermida de Santa Mariña. Fundida en 1929 polos Ocampo de Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 55 cm de diámetro.
Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1929 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de tres chanzos feitas a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns finos cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Pé Presenta un sinete rectangular coa inscrición: "FABRICADO POR OCAMPO / EN ARCOS DE LA CONDESA".
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 20-01-2024
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Fecha actualización 20-01-2024