
Localización Espadana
Diámetro (en cm) 50
Peso aproximado (en quilogramos) 72
Fundidor BLANCO FERNÁNDEZ, JENARO
Ano de fundición 1883
Descricion Campá menor pendurada do oco dereito da espadana. Fundida por Jenaro Blanco en Monforte de Lemos. Ten unha medida estimada duns 50 cm de diámetro.
Terzo (T) 2 cordóns /
JESVS MARIA Y JOPSE ANO DE 18?? ❖ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de cinco chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior vexetal. Os brazos teñen remates flamexados. Unha greca triangular cingue polos brazos da cruz e tres cordóns cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 2 cordóns /
inscrición /
2 cordóns.
Cepo Xugo mixto de madeira e pedra.
Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 07-10-2025
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Fecha actualización 07-10-2025