Menor - Igrexa de San Xurxo de Vea - A ESTRADA (GALICIA)
| (Referencia 23320) | |
|---|---|
![]() | |
| Localización | Torre-campanario |
| Diámetro (en cm) | 80 |
| Altura do bronce | 70 |
| Peso aproximado (en quilogramos) | 296 |
| Fundidor | SERNA, JOSÉ FRANCISCO (SANTIAGO DE COMPOSTELA) |
| Ano de fundición | 1803 |
| Descricion | Campá menor pendurada do oco dereito da torre-campanario. Fundida en 1803 por José Francisco Serna en Santiago de Compostela. |
| Terzo (T) | Greca / 2 cordóns / JHS ѧ MARIA ѧ Y JOSEF ѧ ANO ѧ DE ѧ 1803 ѧ / 2 cordóns. |
| Medio (M) | Presenta unha cruz con pedestal de cinco chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Un cordón cingue pola metade da stipes. |
| Medio pé (MP) | 3 cordóns. |
| Pé | Presenta sinete coa inscrición: "JPH FRANᶜᴼ SERNA MEHIZO EN S.ᵀᴼ". |
| Cepo | Xugo de madeira. |
| Mecanismos de toque | Badalo cunha corda. |
| Valoración | Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación. |
| Instalación | A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais. |
Autors da documentación
| |
| Editor da ficha | TROIANO CARRIL, Xosé |
| Actualización | 08-05-2024 |
| 6 Fotos | |
