Maior. - Igrexa de Santa María de Anxeriz - FRIOL (GALICIA)
(Referencia 23365)
(Referencia 23365)


Localización Espadana
Diámetro (en cm) 65
Peso aproximado (en quilogramos) 159
Fundidor BLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS)
Ano de fundición 1915
Descricion Campá maior pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1915 por Gregorio Blanco en Monforte de Lemos. Ten unha medida estimada duns 65 cm de diámetro.
Terzo (T) 3 cordóns /
JHS Y MARIA ANO DE 1915 ⁑⁑ ⁑⁑ ⁑⁑ ⁑⁑ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal con 4 chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto presenta a figura de Santa Bárbara.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Pé 1 cordón /
sinete coa inscrición: "Blanco Me hizo / MONFORTE".
Cepo Xugo de madeira en mal estado.
Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 21-05-2024