Campá do reloxo - Igrexa de San Xulián de Bastavales - BRIÓN (GALICIA)

(Referencia 23503)

Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 90
Peso aproximado (en quilogramos) 422
FundidorOCAMPO (ARCOS DA CONDESA)
Ano de fundición 1933
Descricion Campá do reloxo situado no oco do andar superior inmediato da torre-campanario. Fundida en 1933 polos Ocampo en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 90 cm de diámetro.
Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1933 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de sete chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas. Os brazos da cruz teñen remates flamexados. Todo o conxunto está cinguido por unha greca triangular. Dous cirios con decoración vexetal flanquean o pedestal. Un cordón ancho cingue polo comezo da stipes.
Medio pé (MP) 2 cordóns /
FUE DONADA POR DON GERARDO SENRA A SUS PARRQUIANOS PARA USO ESCLUSIVO DEL RELOG /
2 cordóns.
Presenta sinete rectangular coa inscrición: "FABRICADO POR OCAMPO / EN ARCOS DE LA CONDESA".
Cepo Pendurado dunha viga de ferro.
Mecanismos de toque Electro-mazo exterior. Conserva o martelo de ferro inutilizado.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (15-06-2024)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 16-06-2024
6 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 15-10-2024

    Connectats: 52 Visitants: 51 Usuaris: 1 - francesc