Maior. - Igrexa de Santiago de Guldriz - FRIOL (GALICIA)

(Referencia 23680)

Localización Espadana
FundidorDE LA SOTA, JUAN MARÍA
Ano de fundición 1912
Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1912 por Juan María de la Sota en Lugo.
Terzo (T) 2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1912 ✱ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Flanquean o pedestal, á dereita unha figura dunha Custodia e á esquerda unha Santa Bárbara. Os brazos teñen remates flamexados. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes.
Polo lado oposto presenta un escudo e debaixo o sinete coa inscrición:" Juan Mª de la Sota / LUGO".
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (08-07-2024)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 18-07-2024
2 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2025)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 12-11-2025

    Connectats: 77 Visitants: 77 Usuaris: 0