Maior - Igrexa vella de Santa Mariña de Xinzo de Limia XINZO DE LIMIA (GALICIA)

Maior - Igrexa vella de Santa Mariña de Xinzo de Limia - XINZO DE LIMIA (GALICIA)

(Referencia 24910)
LocalizaciónTorre-campanario
FundidorDE MENEZO, MANUEL
Ano de fundición1851
DescricionCampá maior pendurada do oco frontal da torre-campanario. Fundida en 1851 por Manuel de Menezo.
Terzo (T)4 cordóns /
SANTA MARINA ANO de 1851 /
2 cordóns /
greca triangular con decoración interior de estrelas de oito puntas.
Medio (M)Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates potenzados. Presenta tres cravos rectos que representan a Cristo Crucificado.
No lado oposto presenta unha Custodia e na súa esquerda o sinete a punzón do mestre campaneiro: "Manuel / de Menezo / Meizo".
Medio pé (MP)3 cordóns.
CepoXugo de madeira.
Mecanismos de toqueBadalo cunha corda.
ValoraciónCampá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
InstalaciónA instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da fichaTROIANO CARRIL, Xosé
Actualización26-11-2024
5 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)