Menor. - Igrexa de San Salvador de Vilaza MONTERREI (GALICIA)

Menor. - Igrexa de San Salvador de Vilaza - MONTERREI (GALICIA)

(Referencia 25026)

Localización Torre-campanario

Fundidor RUIZ

Ano de fundición 1858

Descricion Campá menor fundida en 1858 posiblemente polos Ruiz de Castrelo do Val (Ourense).

Hombreiro (H) 3 cordóns.

Terzo (T) 2 cordóns /
... ✱ 1 ✱ 8 ✱ 5 ✱ 8 ✱ ... /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Dous cirios flanquean o pedestal. Os brazos da cruz teñen remates a modo de potenzada. Enriba da stipes ten a inscrición INRI. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes.

Medio pé (MP) 4 cordóns: Groso-fino, groso-fino.

2 cordóns: Groso-fino.

Cepo Non ten. Pendurada no eixo varón.

Mecanismos de toque Electro-mazo exterior.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 29-12-2024


2 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)