Maior - Igrexa de San Fagundo de Cea SAN CRISTOVO DE CEA (GALICIA)

Maior - Igrexa de San Fagundo de Cea - SAN CRISTOVO DE CEA (GALICIA)

(Referencia 25143)

Localización Espadana

Diámetro (en cm) 60

Peso aproximado (en quilogramos) 125

Fundidor RUIZ

Ano de fundición 1871

Descricion Campá maior pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1871 polos Ruiz de Castrelo do Val (Ourense). Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro.

Terzo (T) 2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1871 ✱✱✱ /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates a modo de potenzada no patibulum e na stipes remata cunha cartela coas siglas INRI. Dous cirios flanquean o pedestal e tres cravos curvos saen da cruz, indicativo de que Cristo foi descrucificado. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes.

Medio pé (MP) 3 cordóns.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Badalo cun arame.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 29-01-2025


1 Foto

  • Ficha reducida (PDF)