
Localización Espadana
Diámetro (en cm) 50
Peso aproximado (en quilogramos) 72
Fundidor RUIZ
Descricion Campá menor pendurada dun forxado de ferro ó carón da pequena espadana da igrexa. Fundida posiblemente por Ruiz de Castrelo do Val, Ourense. Ten unha medida estimada duns 50 cm de diámetro.
Terzo (T) 2 cordóns /
IHS MARIA Y JOSE ANO DE 18?? ✱ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. O pedestal está flanqueado por dous cirios. Os brazos teñen remates a modo de potenzada. Dous cordóns cinguen polo comezo da stipes. Nos paos da cruz presenta tres cravos rectos significado de que Cristo está crucificado.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Pé 2 cordóns.
Cepo Xugo de madeira en mal estado.
Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 04-02-2025