Maior - Igrexa de San Pedro de Moreiras - TOÉN (GALICIA)
| (Referencia 25294) | |
|---|---|
| |
| Localización | Torre-campanario esquerda |
| Diámetro (en cm) | 90 |
| Peso aproximado (en quilogramos) | 422 |
| Fundidor | ANÓNIMO (GALICIA) |
| Ano de fundición | 1810 |
| Descricion | Campá maior pendurada do oco traseiro da torre-campanario esquerda. Fundida en 1810?por autor anónimo. Ten unha medida estimada duns 90 cm de diámetro. |
| Terzo (T) | 2 cordóns / JHS MARIA ... ANO DE 1810? / 2 cordóns |
| Medio (M) | Presenta unha cruz cun pedestal de seis chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. O pedestal está flanqueado por dous cirios. Os brazos teñen remates en rombos. Os brazos da cruz están cinguidas dunha greca triangular. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes. |
| Medio pé (MP) | 1 cordóns / inscrición / 2 cordóns. |
| Pé | 2 cordóns. |
| Cepo | Xugo de madeira. |
| Mecanismos de toque | Electro-mazo interior. |
| Valoración | Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
| Instalación | A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais. |
Autors da documentación
| |
| Editor da ficha | TROIANO CARRIL, Xosé |
| Actualización | 08-02-2025 |
| 1 Fotos | |