Menor - Igrexa de San Martiño de Vilar de Infesta - REDONDELA (GALICIA)

(Referencia 25413)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 55
Peso aproximado (en quilogramos) 96
FundidorOCAMPO (ARCOS DA CONDESA)
Ano de fundición 1947
Descricion Campá menor pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1947 polos Ocampo de Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 55 cm de diámetro.
Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1947 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Presenta sinete rectangular coa inscrición: "FABRICADO POR / OCAMPO EN ARCOS / DE LA CONDESA".
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 10-03-2025
3 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 28-06-2026

    Connectats: 49 Visitants: 49 Usuaris: 0