SANTISIMO SACRAMENTO - Igrexa de Santa María de Esgos - ESGOS (GALICIA)

(Referencia 25438)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 60
Peso aproximado (en quilogramos) 125
FundidorPORTILLA, HERMANOS
Ano de fundición 1976
Descricion Campá maior pendurada do oco esquerdo da espadana. Refundida en 1976 polos Irmáns Portilla en Cantabria. Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro. Conserva a decoración da campá antiga que delata a Gregorio Blanco Isla de Monforte de Lemos fundida entre os anos 1925 e 35 do século XX.
Terzo (T) 3 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 19?? /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal. Os brazos teñen remates flamexados. Tres cordóns cinguen pola parte superior da cruceta.
No lado oposto presenta unha inscrición na paarte inferior: "... SANTISIMO SACRAMENTO / ANO SANTO XACOBEO / 1976".
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (11-03-2025)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 12-03-2025
2 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 14-06-2026

    Connectats: 69 Visitants: 69 Usuaris: 0