| Localización |
Espadana |
|---|
| Diámetro (en cm) |
50 |
|---|
| Peso aproximado (en quilogramos) |
72 |
|---|
| Fundidor | LISTE PEREIRAS, JUAN (PARROQUIA DE ORAZO) |
|---|
| Ano de fundición |
1906 |
|---|
| Descricion |
Campá única pendurada da pequena espadana da igrexa parroquial de Santa María de Asorei. Fundida en 1906 por Juan Liste en Orazo, A Estrada (Pontevedra). |
|---|
| Terzo (T) |
2 cordóns /
IHS Mᴬ Y JOSE AͶO DE 1906 ⁎ /
2 cordóns. |
|---|
| Medio (M) |
Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior vexetal e de estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates lanceolados no patibulum e flamexado na stipes. Dous cordóns finos cinguen pola metade da stipes. |
|---|
| Medio pé (MP) |
2 cordóns /
⁎ FUNDIDA POR J. LISTE EͶ ORAZO ⁎ /
2 cordóns. |
|---|
| Cepo |
Xugo de madeira. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Badalo cunha cadea. |
|---|
| Valoración |
Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais. |
|---|
Autors da documentación- TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (07-04-2025)
|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
14-04-2025 |
|---|
| 10 Fotos |
|---|