Menor. - Igrexa de San Cristovo de Xavestre - TRAZO (GALICIA)
| (Referencia 25553) | |
|---|---|
![]() | |
| Localización | Torre-campanario |
| Diámetro (en cm) | 60 |
| Peso aproximado (en quilogramos) | 125 |
| Fundidor | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) |
| Ano de fundición | 2024 |
| Descricion | Campá menor pendurada do oco esquerdol da torre-campanario. Fundida en 2024 por Chicho Ocampo en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro. Esta campá substituiu a unha de Juan Liste de 1872 fundida en Orazo, A Estrada (Pontevedra). |
| Terzo (T) | Greca / 1 cordón / JESUS MARIA JOSE ANO 2024 / 1 cordón. |
| Medio (M) | Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos da cruz teñen remates flamexados. Un cordón cingue pola metade da stipes. |
| Medio pé (MP) | 2 cordóns. |
| Pé | Presenta sinete rectangular coa inscrición: "ME HIZO OCAMPO EN / ARCOS DA CONDESA / PONTEVEDRA". |
| Cepo | Xugo de madeira. |
| Mecanismos de toque | Badalo cunha corda. |
| Valoración | Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
| Instalación | A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais. |
Autors da documentación
| |
| Editor da ficha | TROIANO CARRIL, Xosé |
| Actualización | 20-04-2025 |
| 6 Fotos | |
