Mediana. - Igrexa de San Martiño de Sobrán. VILAGARCÍA DE AROUSA (GALICIA)

Mediana. - Igrexa de San Martiño de Sobrán. - VILAGARCÍA DE AROUSA (GALICIA)

(Referencia 25572)

Localización Torre-campanario

Diámetro (en cm) 90

Peso aproximado (en quilogramos) 422

Fundidor OCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA)

Ano de fundición 1905

Descricion Campá mediana pendurada do oco esquerdo da torre-campanario. Fundida en 1905 por Melchor Ocampo en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 90 cm de diámetro.

Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE AͶO DE 190 (Fáltalle o 5) /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de seis chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes.

Medio pé (MP) 2 cordóns /
MELCHOR OCAMPO ME HIZO EͶ ARCOS DE LA COͶDESA /
2 cordóns.

5 cordóns (2+3).

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Combinación de badalo con cadea e electro-mazo interior.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Observacións Xugo restaurado a principios de 2025.

Autors da documentación

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 27-04-2025


6 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Autores de la documentación

    Editor TROIANO CARRIL, Xosé

    Fecha actualización 27-04-2025


    6 fotos

  • Ficha reducida (PDF)