Menor. - Igrexa de San Martiño de Cotá - FRIOL (GALICIA)

(Referencia 25646)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 50
Peso aproximado (en quilogramos) 72
FundidorDE LA SOTA, JUAN MARÍA
Ano de fundición 1881
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1881 por Juan María de la Sota en Lugo. Ten unha medida estimada duns 50 cm de diámetro.
Terzo (T) 3 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1880 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates a modo de potenzada. A parte inferior da stipes está feita por dúas figuras; a máis pegada ó pedestal, unha figura de Santa Bárbara e, enriba dela, a figura dunha Custodia. Cinguindo a esta última figura tres cordóns.
Medio pé (MP) 4 cordóns.
Presenta sinete do mestre fundidor: "Juan Mª de la Sota / LUGO".
1 cordón.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (06-05-2025)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 12-05-2025
6 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2025)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 12-11-2025

    Connectats: 95 Visitants: 94 Usuaris: 1 - Troiano