| Localización |
Espadana |
|---|
| Diámetro (en cm) |
50 |
|---|
| Peso aproximado (en quilogramos) |
72 |
|---|
| Fundidor | DE LA SOTA LÓPEZ, JUAN MARÍA |
|---|
| Ano de fundición |
1881 |
|---|
| Descricion |
Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1881 por Juan María de la Sota en Lugo. Ten unha medida estimada duns 50 cm de diámetro. |
|---|
| Terzo (T) |
3 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1881 /
2 cordóns. |
|---|
| Medio (M) |
Presenta unha cruz cun pedestal de dous chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas flanqueados por dous cirios. Os brazos da cruz teñen remates a modo de potenzada. A parte inferior da stipes está formada polas figuras rectangulares de Santa Bárbara e unha Custodia. Tres cordóns finos cinguen pola metade da stipes, concretamente pola metade da figura da custodia. |
|---|
| Medio pé (MP) |
3 cordóns. |
|---|
| Pé |
1 cordón. |
|---|
| Cepo |
Xugo de madeira. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Badalo cun arame. |
|---|
| Valoración |
Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais. |
|---|
| Descrición (xerada por Ollama - IA local) |
A campana menor do Mosteiro de Santa María de San Lourenzo de Penamaior, fundida en 1881 por Juan María de la Sota López, presenta características patrimoniais de interese. A campana, inscrita con motivos de Xesús e María (1881), está construída sobre un pedestal de dous chanzos elaborados con selos cadrados decorados con estrelas de oito puntas. Os brazos da cruz terminan en forma de potenzada e a base incorpora figuras de Santa Bárbara e unha Custodia.
Tres cordóns finos cinguen a campana, e a súa conservación e a da propia campá son consideradas importantes. A documentación existente permite a súa posible refundición en caso de rotura, garantindo así a continuidade da súa protección e valor histórico. A campana forma parte do Ben Cultural de Interese Galego (BECERREÁ). |
|---|
Autors da documentación- BARBEITO, José & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (22-06-2025)
|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
24-06-2025 |
|---|
| 3 Fotos |
|---|