| Localización |
Torre-campanario |
|---|
| Diámetro (en cm) |
65 |
|---|
| Peso aproximado (en quilogramos) |
159 |
|---|
| Fundidor | BLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS) |
|---|
| Ano de fundición |
1900 |
|---|
| Descricion |
Campá maior pendurada do oco frontal da torre-campanario. Fundida no 1900 por Gregorio Blanco en Monforte de Lemos, Lugo. Ten unha medida estimada duns 65 cm de diámetro.
Está campá ten unha soldadura que vai dende o terzo ata o pé. Semella que ten novas fendiduras. |
|---|
| Terzo (T) |
3 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1900 ▲ ▲ ▲ /
2 cordóns. |
|---|
| Medio (M) |
Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados.
No lado oposto ollamos unha soldadura que vai dende o terzo ata o pé. |
|---|
| Medio pé (MP) |
(BLANC)O ME HIZO /
3 cordóns. |
|---|
| Pé |
1 cordón. |
|---|
| Cepo |
Xugo de madeira. |
|---|
| Estado actual |
Moi mala. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Badalo cun arame. |
|---|
| Valoración |
Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais. |
|---|
Autors da documentación- BARBEITO, José & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (07-07-2025)
|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
11-07-2025 |
|---|
| 6 Fotos |
|---|