
Localización Espadana
Diámetro (en cm) 64
Peso aproximado (en quilogramos) 152
Fundidor ANÓNIMO (GALICIA)
Ano de fundición 1578
Descricion Campá única pendurada da pequena espadana do Santuario da Virxe do Camiño. Fundida en 1578 por autor anónimo.
Terzo (T) 2 cordóns /
IHS VOX MEA CVMTORVM SIT TEROR DEMONIOR·VM (Sexa a miña voz co seu estrondo o terror dos demos) /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de cinco chanzos feita a base de selos decorada cunha estrela no interior de cada selo. Os brazos teñen remate de forma trebolada ou recrucetada e ademais, ten tres cravos; un en cada brazo (patibulum) e outro no pao (estipite). Polo medio da estipites pasan tres cordóns moi finos.
Medio pé (MP) 2 cordóns /
MENTEN SANTAN ESPONTAEAN ONOREN DEI PATRI ET LIBERACINOEM · AÑO DE MDLXXVIII ANOS ⁎ (Cunha mente piadosa e espontánea, honra a Deus e liberación á patria ⁎ Año de 1578 anos) /
3 cordóns.
Pé 1 cordón.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Debe ser incoado expedente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remprazarse por outra campá de distinta afinación.
Observacións A letra O ten unha cruz no seu interior e algunhas letras como A ou a T teñen puntos o seu redor. No primeiro texto comeza a partir dunha cruz e no segundo remata cunha estrela, un sino de separación entre palabras ou entre frases. Por outra parte, o conxunto, campá e xugo, son tan importantes tanto no seu contexto histórico como o seu valor patrimonial, que debería ser protexida coa incorporación dunha ficha aparte como Ben Moble de Interese Cultural ao catálogo do conxunto do Barrio do Santuario da Virxe do Camiño; xa que este conxunto está declarado BIC, ademais, o seu xugo debe de ser restaurado na medida do posible, substituíndo as pezas deterioradas por outras de similar forma e función.
O 13 de abril de 2026, cambiouselle o xugo e o eixo varón pois, o primeiro estaba roto e podre e o segundo, o eixo estaba moi bandeado con serio risco de caída da campá.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 22-04-2026
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Fecha actualización 22-04-2026