
Localización Espadana
Diámetro (en cm) 65
Peso aproximado (en quilogramos) 159
Fundidor MALINGRE LAMAS-CARBAJAL, MANUEL
Ano de fundición 1971
Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1971 por Manuel Malingre en Ourense. Semella refundición doutra fundida no seu día polos Ruiz de Castrelo do Val, xa que conserva a figura da cruz típica destes fundidores. Ten unha medida estimada duns 65 cm de diámetro.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal flanqueado por dous cirios e cos brazos a modo de potenzada. Tres cravos curvos significando que Cristo xa foi desencravado. Enriba da stipes un pergamiño coas siglas INRI. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto inferior a inscrición: "SANTA MARIA DE / CASTRELO DE VAL".
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Pé Presenta sinete rectangular coa inscrición: "M.MALINGRE / FUNDICIONES / ORENSE".
No lado oposto: "1971".
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 19-10-2025
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Fecha actualización 19-10-2025