| Localización |
Espadana |
|---|
| Diámetro (en cm) |
55 |
|---|
| Peso aproximado (en quilogramos) |
96 |
|---|
| Fundidor | BLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS) |
|---|
| Ano de fundición |
1930 |
|---|
| Descricion |
Campá única pendurada do oco unico da espadana. Fundida en 1930 por Gregorio Blanco en Monforte de Lemos. Ten unha medida estimada duns 55 cm de diámetro. Campá xirada 180º. A súa cruz debería mirar cara fóra e non cara o interior ou tellado, segundo manda a tradición. |
|---|
| Terzo (T) |
3 cordóns /
JHS Y MARIA ANO DE 1930 /
2 cordóns. |
|---|
| Medio (M) |
Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Tres cordóns (groso-fino-groso) cinguen pola metade da stipes. |
|---|
| Medio pé (MP) |
3 cordóns. |
|---|
| Pé |
Presenta sinete rectangular coa inscrición: "Balnco Me hizo / MONFORTE" /
1 cordón. |
|---|
| Cepo |
Xugo de madeira. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Combinación de badalo cun arame e electro-mazo interior. |
|---|
| Valoración |
Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais. |
|---|
Autors da documentación- CARRERA, Anxo & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (26-10-2025)
|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
28-10-2025 |
|---|
| 7 Fotos |
|---|