| Localización |
Espadana |
|---|
| Diámetro (en cm) |
60 |
|---|
| Peso aproximado (en quilogramos) |
125 |
|---|
| Fundidor | TABOADA, JESÚS (MONEIXAS) |
|---|
| Ano de fundición |
1886 |
|---|
| Descricion |
Campá maior pendurada á dereita da espadana dun oco único nun forxado de ferro. Fundida en 1886 por Jesús Taboada en Moneixas Lalín (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro. |
|---|
| Terzo (T) |
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1886 ⁎ /
2 cordóns. |
|---|
| Medio (M) |
Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Os paos da cruz están cinguidos por unha greca triangular. |
|---|
| Medio pé (MP) |
3 cordóns. |
|---|
| Cepo |
Xugo de madeira en mal estado. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Badalo cunha cadea. |
|---|
| Propostas |
Deberíase actuar sobre esta campá xa que está ladeada, pegada contra o pilar e o seu xugo está en mal estado coas abrazaderas fora de lugar. |
|---|
| Valoración |
Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais. |
|---|
Autors da documentación- MOURE, Xabier & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (11-11-2025)
|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
16-11-2025 |
|---|
| 2 Fotos |
|---|