
Localización Espadana
Diámetro (en cm) 60
Peso aproximado (en quilogramos) 125
Fundidor OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)
Ano de fundición 1959
Descricion Campá maior pendurada no oco dereito da espadana. Fundida en 1959 polos Ocampo, en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (A Estrada). Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro. Campá xirada 90º. A súa cruz debería mirar cara a entrada como manda a tradición.
Terzo (T) Greca /
1 cordón /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1959 /
1 cordón.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal e brazos con remates flamexados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 2 cordóns.
Pé Presenta sinete rectangular coa inscrición: "FABRICADO POR / OCAMPO EN ARCOS / DE LA CONDESA".
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cun arame.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 21-02-2026
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Fecha actualización 21-02-2026