| Localización |
Espadana |
|---|
| Diámetro (en cm) |
50 |
|---|
| Peso aproximado (en quilogramos) |
72 |
|---|
| Fundidor | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) |
|---|
| Ano de fundición |
1956 |
|---|
| Descricion |
Campá menor pendurada no oco esquerdo da espadana. Fundida en 1956 polos Ocampo, en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (A Estrada). Ten unha medida estimada duns 50 cm de diámetro. Campá xirada 90º. A súa cruz debería mirar cara a entrada como manda a tradición. |
|---|
| Terzo (T) |
Greca /
1 cordón /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1956 /
1 cordón. |
|---|
| Medio (M) |
Presenta unha cruz con pedestal e brazos con remates flamexados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes. |
|---|
| Medio pé (MP) |
1 cordón /
DONADA POR D RAMON TATO COLLAZO /
1 cordón. |
|---|
| Pé |
Presenta sinete rectangular coa inscrición: "FABRICADO POR / OCAMPO EN ARCOS / DE LA CONDESA". |
|---|
| Cepo |
Xugo de madeira. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Badalo cun arame. |
|---|
| Valoración |
Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais. |
|---|
| Descrición (xerada por Ollama - IA local) |
A Capela da Nosa Señora da Virxe das Neves, fundada en 1956 por Ocampo (Arcos da Condesa) na localidade de A Estrada, presenta un patrimonio arquitectónico de interese. A campana menor, inscrita en 1956, destínase a esta capela.
A campana, representada por un cordón, exhibe a iconografía de Jesucristo e María, datada de 1956. A súa forma adoita ser unha cruz con pedestal e brazos rematados en forma de flameas, cuxa estipa está cinguida por dous cordóns.
Adicionalmente, a campana foi doada por D. Ramón Tato Collazo, tamén mediante un cordón. A documentación inclúe unha cláusula de conservación e a posibilidade de refundición en caso de rotura, garantindo a súa preservación a través da documentación asociada.
|
|---|
Autors da documentación- TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (17-02-2026)
|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
21-02-2026 |
|---|
| 9 Fotos |
|---|