| Localización |
Torre-campanario |
|---|
| Diámetro (en cm) |
102 |
|---|
| Peso aproximado (en quilogramos) |
614 |
|---|
| Fundidor | FELICIANO |
|---|
| Ano de fundición |
1870 |
|---|
| Descricion |
Campá maior pendurada do oco frontal da torre-campanario. Fundida en 1870 por Feliciano.
No terzo ten a típica inscrición en Galicia "IHS ⁎ MARIA ⁎ JOSE ⁎ 1870 ⁎".
O anagrama de Xesús, que deberon escribir "IHΣ", corresponde á abreviatura de IHΣYΣ, e escríbese usualmente como IHS. Outra variante JHS procedería do latín, aínda que a segunda letra é o Eta ou E longa grega. Foi introducido como devoción por San Bernardino de Siena. O seu significado é polivalente: para uns é o inicio do nome de Xesús en grego, para outros son as siglas latinas de IESVS HOMO SALVATOR (XESÚS SALVADOR DO HOME).
No medio presenta outra inscrición "OFFICIUM EST NOBIS ⁎ POPULUM CONVOCARE ⁎ IMPLORARE PRO DEFUNCTIS ⁎ ET PIUM ZELUM EXCITARE ⁎" (É deber noso convocar ao pobo, implorar polos defuntos e espertar un fervor piadoso).
Por último, no pé remata coa inscrición: "EXPENSIS POPULI DIVI PETRI MATAMÁ" (A expensas do pobo de Matamá).
Con respecto ao fundidor, creemos que é de orixe portugués, dada a súa cercanía a Vigo pero sobre todo pola súa decoración e o Cristo en relevo, obras que por Galicia só fixeron os mestres fundidores portugueses nesta época.
|
|---|
| Hombreiro (H) |
3 cordóns. |
|---|
| Terzo (T) |
Greca vexetal /
3 cordóns /
IHS ⁎ MARIA ⁎ JOSE ⁎ 1870 ⁎ /
2 cordóns /
|
|---|
| Medio (M) |
Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior dunha estrela de oito puntas. Sobresae un Cristo Crucificado na cruz. Os brazos teñen remates romboides. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes |
|---|
| Medio pé (MP) |
2 cordóns /
OFFICIUM EST NOBIS ⁎ POPULUM CONVOCARE ⁎ IMPLORARE PRO DEFUNCTIS ⁎ ET PIUM ZELUM EXCITARE ⁎ /
3 cordóns /
Greca triangular co vértice cara abaixo. |
|---|
| Pé |
1 cordón /
FELICIANUS ME FECIT /
EXPENSIS POPULI DIVI PETRI MATAMÁ /
1 cordón /
greca vexetal /
1 cordón. |
|---|
| Cepo |
Xugo de madeira. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Badalo. |
|---|
| Valoración |
Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación, aínda que conservándose poucas deste fundidor; en realidade é a única que existe, non debería ser refundida. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais. |
|---|
Autors da documentación- TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (28-02-2026)
|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
04-03-2026 |
|---|
| 6 Fotos |
|---|