Mediana - Igrexa de Santiago de Cedrón - LÁNCARA (GALICIA)

(Referencia 27373)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 60
Peso aproximado (en quilogramos) 125
FundidorBLANCO CHARLO, FRANCISCO ANTONIO (1804-1878)
Ano de fundición 1860
Descricion Campá mediana pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1860 por Francisco Blanco en Mondoñedo, Lugo. Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro.
Terzo (T) 3 cordóns /
IHS MARIA Y JOSE AͶO DE 1860 ѧ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior vexetal (pétalos) e no centro da base o sinete coa inscrición: "MONDOÑEDO / BLANCO PALA / CIO ME HIZO". Os brazos teñen remates a modo de potenzada. Tres cravos dobrados saen dos paos da cruz, significando que Cristo xa foi descrucificado. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto inferior presenta unha figura de Santa Bárbara sobre unha "peaña".
Medio pé (MP) 3 cordóns.
1 cordón.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Combinación de badalo cunha cadea e electro-mazo interior.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

  • CARRERA, Anxo & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (24-04-2026)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 26-04-2026
5 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 10-05-2026

    Connectats: 81 Visitants: 80 Usuaris: 1 - Troiano