
Localización Espadana
Diámetro (en cm) 41
Altura do bronce 40
Peso aproximado (en quilogramos) 40
Fundidor ANÓNIMO (GALICIA)
Ano de fundición 1804
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1804 por autor anónimo, aínda que, puidera ser posiblemente de José Francisco Serna.
Terzo (T) 2 cordóns /
IHS⁎MARIA⁎IJO⁎SFF AÑO DE 1804 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración de estrelas. Dous cirios pequenos flanquean o pedestal. Os brazos teñen remates romboideos. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes. Tres cravos curvos saen dos paos da cruz significando que Cristo xa está desencravado.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Pé 2 cordóns.
Cepo Xugo de madeira con panca á esquerda e cadea.
Mecanismos de toque Badalo.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 03-05-2026
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Fecha actualización 03-05-2026