
Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 75
Peso aproximado (en quilogramos) 244
Fundidor PÉREZ Y BLANCO
Ano de fundición 1805
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da torre-campanario. Fundida en 1805 por Pérez y Blanco.
Terzo (T) 2 cordóns /
IHS Mᴬ ѧSᴺ ѧBARTOLOME DBERRANDE ORAPRONOBIS ANO Dѧ 1805 ѧ ❖ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración vexetal (tetrapétalos). Dous cirios flanquean o pedestal. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes. Os brazos teñen remates en tres illas romboideas. Tres cravos curvos saen dos paos da cruz significando que Cristo foi desencravado.
Medio pé (MP) 2 cordóns /
❖ PEREZѧ YBLANCOѧ ME HIZIERON Sᴰᴼѧ ABAD Dѧ DOMINGO CASARES /
2 cordóns.
Pé 4 cordóns (3+1).
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo.
Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 16-05-2026