
Localización Espadana
Diámetro (en cm) 65
Peso aproximado (en quilogramos) 159
Fundidor OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)
Ano de fundición 1928
Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1928 polos Ocampo de Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra).
Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1928 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 4 cordóns.
Pé Presenta sinete rectangular coa inscrición: "FABRICADO POR OCAMPO / EN ARCOS DE LA CONDESA".
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 03-08-2026