Maior. - Igrexa de San Lourenzo de Pentes A GUDIÑA (GALICIA)

Maior. - Igrexa de San Lourenzo de Pentes - A GUDIÑA (GALICIA)

(Referencia 27775)


Localización Espadana

Diámetro (en cm) 52

Altura do bronce 48

Peso aproximado (en quilogramos) 81

Fundidor RUIZ

Ano de fundición 1862

Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1862 por Ruiz en Castrelo do Val (Ourense).

Hombreiro (H) 10 cordóns.

Terzo (T) 2 cordóns /
JHS ⁎ MARIA ⁎ Y ⁎ JOSE⁎ ANO ⁎ DE ⁎ 1862 ⁎ /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal con forma piramidal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Dous cirios flanquean o pedestal. Nos brazos, no patibulum, teñen remates a modo de potenzada rematada cun rombo cunha estrela no seu interior e, na stipes remata cunha cartela coas siglas INRI. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes e tres cravos dobrados saen dos paos da cruz significando que Cristo foi desencravado,
No lado oposto superior, presenta un rectángulo feito a base de estrelas de oito puntas. No inferior, presenta a imaxe de Santa Bárbara flanqueada por dous cirios.

Medio pé (MP) ⁎⁑⁑⁑⁑⁑⁑⁑⁑⁑⁑RUIZ ⁎ MEHIZO⁑⁑⁑⁑⁑⁑⁑⁑⁑⁑⁎ /
11 cordóns.

4 cordóns.

Cepo Xugo de madeira con panca con cadea no centro.

Mecanismos de toque Badalo.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 04-08-2026


4 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)