
Localización Espadana
Diámetro (en cm) 40
Peso aproximado (en quilogramos) 37
Fundidor LA INDUSTRIOSA SANJURJO
Ano de fundición 1900
Descricion Campá única pendurada do oco único da espadana. Fundida en 1900 por "La Industriosa" de Vigo (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 40 cm de diámetro.
Hombreiro (H) 4 cordóns (2+2).
Terzo (T) 1 cordón /
JESUS MARIA Y JOSE MANUEL Y JOAQUIN RIAL⁎ /
1 cordón.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior dunha estrela de oito puntas. Os brazos teñen remates lanceolados. Dous cordóns cunha inscrición cinguen polo brazo superior da cruz. A inscrición di: "A LA MEMORIA DE SU PADRINO D. MANUEL MOREIRA ALONSO⁎".
No lado oposto inferior presenta sinete romboide coa inscrición: LA INDUƧTRIOƧA / ƧANJURJO / VIGO".
Medio pé (MP) 1 cordón /
ANO de 1900.
Cepo Non ten. Pendurada no eixo varón.
Estado actual Deberíase acometer traballos de recuperación da capela urxentemente. O seu estado é de ruína e de seguir así, posiblemente, os muros coa súa espadana poderían derrubarse ou roubar a súa campá que aínda está pendurada.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 13-09-2026
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Fecha actualización 13-09-2026